Próximamente...

Próximamente este blog será actualizado con toda la información para el curso 2010 / 2011. Dilculpen las molestias.

COFRADÍA DE SAN ANTONIO DE PADUA



Novena a San Antonio de Padua, do 4 ao 12 de xuño ás 19.30h.
Atoparás máis información sobre todas as actividades organizadas, no apartado da Cofradía, na columna da dereita.

.

FIN DE CURSO: 30 DE MAIO

O día 30 de maio, terá lugar a festa de fin de curso cunha grande romaxe e festa comunitarias.

IMPORTANTE: A Eucaristía dese domingo terá lugar ás 12.30h, NON haberá misa ás 13h.


Para máis información, entra no apartado de Lecer e Cultura.

Xa podes ver as fotos deste día no apartado de Lecer e Cultura. Pasámolo fenomenal!!!

EXCURSIÓN PARROQUIAL: 8 DE MAIO

O vindeiro 8 de maio terá lugar a excursión da parroquia a Fisterra, incluindo paseo en barco, e Vimianzo.

IMPORTANTE: A data límite para anotarse é o 29 de abril.

Máis información, no apartado de Lecer e Cultura.

E xa de volta...a excursión resultou ser un éxito, podes ver as fotos no apartado de Lecer e Cultura.

Calendario da Semana Santa

No apartado de Liturxia e Celebracións podes consultar o calendario das celebracións da Semana Santa.

Liturxia e Celebracións

O vindeiro venres 26 de marzo, ás 20.15h, terá lugar a Celebración do Perdón para adultos. Esperámosvos.

Liturxia e Celebracións

O vindeiro sábado 20 de febreiro de 2010, terá lugar nos locais parroquiais o Encontro de Coresma. Comezaremos ás 14h cunha comida compartida para seguir ás 16.30h cunha xornada de reflexión. Animámosvos a participar.

Formación de Adultos

O xoves 11 de febreiro de 2010, ás 20.15h, nos locais da parroquia, teremos a segunda xuntanza do Ciclo Nais e Pais, Educación en Valores. Comezaremos o xoves co tema dos Testigos, coherencia e modelos.

Máis información no apartado Formación de Adultos.

GRUPO DE MAIORES

Retomamos as actividades de mantemento e manualidades co comezo do novo ano. Tedes máis información no apartado "Grupo de maiores" no listado da dereita.

URXENTE (22 de novembro de 2009)


Dende Cáritas facemos un chamamento: PRECISAMOS UNHA PERSOA VOLUNTARIA para as tardes dos mércores, de 16.30h a 19.30h.
Máis información, no apartado de Cáritas.

Campaña de Recollida de Alimentos 2009 / 2010

O día 29 de novembro comeza a Campaña de Recollida de Alimentos, promovida pola Cofradía de San Antonio.
Máis información, visita apartado Cofradía de San Antonio.

Xantar de Nadal

O vindeiro domingo 13 de decembro, teremos o Xantar de Nadal.
Anótate na parroquia!!!

Lembramos que este domingo non haberá misa ás 13h.e a misa de 12h adiántase ás 11.45h.

Xuventude: convivencia

Anímate, o sábado 28 e domingo 29, a xuventude da parroquia marcha de convivencia a Gafa, Portosín. Contacta con eles se estás interesado.
Máis información, entra no apartado XUVENTUDE.

Grupo de Maiores

O vindeiro sábado 7 de novembro ás 17h, teremos no Salón Parroquial a seguinte FESTA DOS MAIORES.
Despois do éxito da anterior, esperamos contar de novo con todos vós. Pasámolo fenomenal!!!

Lecer e Cultura

O vindeiro sábado 7 de novembro ás 17h da tarde, teremos o MAGOSTO.
Animádevos a participar, estarémosvos esperando.

Formación de Adultos

O xoves 5 de novembro de 2009, ás 20.15h, nos locais da parroquia, teremos a primeira xuntanza do Ciclo Nais e Pais, Educación en Valores. Comezaremos o xoves co tema dos Hábitos.

Máis información no apartado Formación de Adultos.

I Encontro de Formación Litúrxica

Ao longo deste curso, o Equipo de Liturxia vai preparar tres Encontros de Formación Litúrxica abertos para compartir con toda a parroquia.

O vindeiro mércores 14 de outubro ás 20.15h terá lugar o I Encontro de Formación Litúrxica co título Cumpridores e celebrantes.

O obxectivo é reflexionar sobre a nosa participación nas eucaristías e como a eucaristía reflíctese na nosa vida.

Esperámoste!!

No apartado de Liturxia e Celebracións podes atopar máis información sobre o programa anual do Equipo de Liturxia , Lectores e Coro para o curso 2009 / 2010.

Catequese

O día 4 de outubro comeza a catequese na nosa parroquia. Esperámosvos a todas e todos!!

No apartado de Catequese podedes atopar datos de interese como o calendario para este curso, os horarios, as catequistas e animadores...

Grupo de Maiores

O sábado 10 de outubro, ás 5 da tarde, terá lugar a primeira Festa dos maiores no Salón Parroquial.

Celebraremos unha festa con música, como as de antes. Non é necesario que saibades bailar, só que teñades gañas de pasalo ben.

Esperámosvos a todos.

Podedes entrar no apartado Grupo de Maiores onde poderedes atopar a programación xeral de actividades para o curso 2009 / 2010.